¡Hola Guillermina¡
Son Correa. Como tu xa sabes sigo estes debates e, as
veces, participo neles pero, desde certa distancia. ö
meu modo de entender, a Historia das Mulleres non existe
como tal se non é que considerames a introducción da
perspectiva feminina como unha forma mais de Historia.
Ó meu entender a liberación da muller nunca estivo
mais lonxe que hoxe. Non fai falla mais que mirar polas
rúas, polos programas de televisión ou nas revistas e
periódicos especializados e non especializados para
observar que o que se está dando e liberdade para que a
explotación feminina - mellor de feminidade - está mais
forte que nunca. O problema é que , neste proceso,
colaboran activamente moitas mulleres.
A unica liberación posible é global, social donde muller
e o home reserven realización da indentidade do seu
xénero para o ámibito doméstico. Todo o demais e
desvestir un santo para vestir outro, aínda que sexa
con roupas distintas, a miúdo mais orteras. Ademais,
hoxe empeza a darse algo que mete medo, o machismo
feminista. É verdade que a muller ó longo da historia e
hoxe mesmo sofreu discrimnación similares ás das clase
baixas, ou peores. Pero aliberación destes atavismos non
vai vir por afirmacións deescontextualizadas, a miúdo
afrontadas á visión mesculina dos fenómenos. A ünica
libaración, para homes e mulleres ten que ser social
para non caer en contradicións xeralmente mais fortes
que as existentes. A Actual violencia de xénero - un
fenómno que vargoña ó xénero humano, é un toque de
atención nese sentido. ¿Cómo seres aparentemente normais
o día naterior, se converten en asasinos sen que lles
importe a ignominia, a vergoña e a destruciónda súa
propia autoestima? Algo se debe estar a facer mal para
que fenómenos tan degradantes se convertan en cotidiáns
nun contexto no que que a inmensa maioría dos homes
asumen a igualdade como compoñente imprescindible da
convivencia?
José Correa
IES de Pontedeume, Galicia, España