Para o profesor Correa
Arias
Dacordo no esencial contigo, é verdade que o sistema
patriarcal é o capitalismo é o que nos ten, en xeral,
sometidas e sometidos, é verdade que as relixións fan
tres cuartos do mesmo, pero tamén o é que dentro do
sometemento,incluso, hai xerarquías e non é o mesmo ser
home, negro, e fricano, que ser muller, negra e
africana, e xa non falemos se aínda por riba incluimos a
perspectiva económica....Eu nunca pretendin facer un "parche"da
Historia e moito menos coa Historia das mulleres, é
moito máis serio para min o tema que todo iso, pero si
boto en falta o tratamento científico e rigoroso da
Historia "completa" que lle chamo eu, como de tantas
outras disciplinas, sesgadas e manipuladas ao antollo
dun sistema que nos afasta da realidade. Nunca "utilicei"
a perspectiva de xénero para facer unha Historia en
paralelo, xa que considero e creo que a Historia está
feita por mulleres e homes de toda clase e condición,
pero detenteime na defensa das mulleres porque creo
nelas, porque sei que foron o motor de moitas das
liberdades e oportunidades das que gozamos hoxendía e
coido deberían ser transmitidas, en xusta medida...polo
demais ti e máis eu nunca discutiremos, desexo tamén que
descanses no verán e que sexas feliz, na medida que se
pode, a cachos, a retazos de felicidade...unha aperta.
Guillermina Domínguez touriño
Profesora de Historia del IES San Clemente de santiago
de Compostela