Historia Inmediata
|
Ataque a EE.UU |
|
Dende o meu ponto de vista, o teu comentario acerca do
ataque ós USA é moi acertado, porque aínda condeandoo, o que é o máis
lóxico xa que non hai ningunha razón de ningún tipo que chegue pra
atoparlle explicación o ataque haino que observar dende unha
perspectiva histórica, e coma tal, non miralo nin analisalo coma se
por exemplo dunha catástrofe natural se tratara; e por iso vexo
totalmente acertada a idea de que os ataques foron simplemente a
consecuencia lóxica dunha moi agresiva política exterior
estadounidense ó longo do último século recén rematado, sobretodo
naquelas zonas do planeta con grandes potencialidades enerxéticas
ou xeoestratéxicas coma son moitos dos pertencentes á cultura islámica,
o que introduce o outro matiz existente no conflicto, e que a toda
costa os medios de manipulación de masas queren agochar coma é o do
choque entre dúas culturas que viven unha às costas da outra, que quéirase
ou non está aí, e que dende o meu ponto de vista non hai nada peor
pra intentar solucionalo coma negala súa existencia. Polo tanto dende
o meu ponto de vista só hai unha forma de afrontalo conflicto con
garantías de éxito, que é ir coa verdade por diante, e non deixarse
levar polo fanatismo relixioso, tanto uns que rezan 5 veces ó día,
coma os outros, que só rezan unha vez (pero tamén o fan, e o seu
presidente é o primeiro en facelo e animar a facelo, e ademáis eu
penso que non é unha cuestión numérica), porque tan fanático é
quen colle un avión coa soa idea de matar e morrer no intento, coma
quen colle unha ametralladora e decide ir cara unha morte segura só
coa idea de matar inimigos na cabeza (xente que non coñece de nada e
que polo tanto non pode selo seu inimigo), aínda que este enarbole a
idea de paz e liberdade (que probablemente sexa a mesma que a dos
"inimigos" que el vai matar). Saúdos.
Serxio PAZ ROCA
|