|
O titular de Cultura da Xunta, Pérez
Varela, presentou onte as actas do II Congreso Internacional Historia a
Debate, celebrado en Santiago no Xacobeo 99, e afirmou que este certame
"crea unha cadea de coñecemento que irradia en todo o mundo''. Pérez
Varela afirmou que "estes volumes de alto nivel intelectual quedarán
nas bibliotecas académicas como recordo do evento do 99 e animarán
outras investigacións, creando así unha cadea de coñecemento historiográfico
desde Compostela que irradia xa en todo o mundo''.
|