|
|
|
 |
|
| |
| |
| Carlos
Barros, profesor de Historia Medieval e Moderna da USC:
"Vivimos un reencontro co xudeu'' |
| |
|
| |
|
1\¿Cales son
os núcleos de tradición xudía en Galicia?
Ribadavia, Allariz, Ourense, Monforte, A Coruña,
Tui, Pontevedra...
2\¿Que queda da cultura
hebrea? Ben pouco, a Inquisición perseguiu con
saña nos séculos XVII-XVIII ós xudeus galegos. O termo
'xudeu' pasou a ser un alcume. Houbo intentos nos
séculos XIX e XX de recuperarmos as nosas raíces xudías.
Desde hai unha década estamos a vivir un reencontro
histórico co noso esquecido pasado xudeu, a partir da
experiencia de Ribadavia, que paseniñamente se está a
estender por outras vilas con presencia xudía ou
xudaizante nas épocas medieval e moderna.
3\¿Hai tradición vinícola judía en
Galicia? Cara ó ano 950 están documentados
xudeus viticultores que traballaban para o mosteiro de
Celanova na parte hoxe portuguesa da Galicia alto
medieval.
4\¿Que papel xoga o viño nos ritos
xudaicos? O xudaísmo celebra con 4 copas de
viño, e oracións, as catro etapas da liberación da
escravitude exipcia, nun banquete chamado Seder na
festividade de Pesaj. Ademais, os xudeus máis rigorosos
coa súa tradición no relativo á preparación dos seus
alimentos, incluíndo o viño, coidan que teñan unha
certificación especial chamada kasher. En
varios países americanos e europeos hai bodegas que
producen viño kasher, cuxo proceso de
fabricación ten que ser supervisado simbolicamente por
rabinos ou outros membros da comunidade xudía.
5\¿Que lle debe Galicia á cultura hebrea?
A recuperación da memoria histórica tocante ó pasado
xudeu de Galicia é hoxe importante porque as relacións
entre xudeus e cristiáns galegos estiveron máis marcadas
que noutros lugares de Europa e da Península pola
tolerancia: trazo da ideosincrasia galega segundo unha
tradición que ten como vemos base histórica...
| | | |