Libro de visitas
| Mensajes |
|
Hola, Carlos:
Gustariame facerte unhas consultas relacionadas
coa torre de Sandiás(A Limia - Ourense)e a revolta
Irmandiña. As preguntas son as seguintes: ¿en que ano se
desmochou esa torre?¿Sabese se posteriormente esa torre
volveuse a reconstruir?
Un saúdo;
Xavier Feixoo
+++
Xavier:
O problema da fortaleza de Sandiás é que no
aparece nomeada no Preito Tabera-Fonseca, como a maior parte
das fortalezas ourensás derrocadas pola Santa Irmandade...
A mellor información sobre a revolta irmandiña na diócese de Ourense están nun relato existente, non foi publicado, que non teño consultado máis que por datos indirectos. Ó parecer ten unha copia Cid Rumbao onde aparece a fortaleza de Sandiás derrubada polos irmandiños ó comenzo da revolta (primavera 1967) como podes comprobar na súa Historia de Allariz (p. 118). Obviamente os Pimentel reedificaron a torre despois de 1469 pois están aínda restos en pé...
Un saúdo,
Carlos Barros Departamento de Historia Medieval y Moderna Facultad de Geo. e Historia 15702 Santiago de Compostela España tel. 981 81 48 03 fax 981 81 48 97 E-mail: cbarros@eresmas.net Web HaD: http://www.h-debate.com Web personal: http://www.cbarros.com
|