Libro de visitas
| Mensajes |
|
Hola, son un galego na emigración, e quero lle dar a enhoraboa
pola súa páxina. O meu interés pola historia galega me leva a
buscar artigos e páxinas relacionadas co tema, e verdadeiramente
a súa é do millor que é visto.
Quixeralle facer unha consulta si fora posible, estou interesado
en coñecer algo máis sobor da Inquisición en Galicia. O motivo
é que na miña familia teño noticias que houbo no século XVIII,
3 Comisarios do Tribunal do Santo Oficio na zona de Santa Marta de
Ortigueira. Gostaría saber como é posible que unha familia esté
vinculada a unha organización de íste tipo, de forma que durante
tres xeneracións distintas, tres dos seus individuos formen parte
dela.
Cecais vostede me poida aconsellar sobor de bibliografía
especifica, e tamén si existe algún libro con colecciones diplomáticas
sobor de íste tema.
Moitas Gracias Anticipadas
Jose Luis Lamigueiro
+++ José Luis, si que era habitual que membros da pequena ou media nobreza local foxen comisiarios ou outros cargos da Inquisición nos séculos XVII-XVIII... Tes máis datos no libro de Jaime Contreras sobre o Santo Oficio da Inquisición de Galicia (edi. Akal). Un saúdo,
Carlos Barros
Departamento de Historia Medieval y Moderna
Facultad de Geografía e Historia
Universidad de Santiago de Compostela
tel. 981 58 33 00 ext. 12622
tel 981 81 48 03
fax 981 81 48 97
móvil 669 338 176
cbarros@usc.es, cbarros@wanadoo.es
|