Explicar a historia é unha tarefa difícil. E máis aínda
se se pretende acordar unha fórmula docente a nivel mundial. E isto
é o que coordina Carlos Barros Guimeráns, un profesor de historia da
Universidade de Santiago, desde unha rede creada hai dez anos ó
abeiro do congreso “Historia e debate”. Unha cita que se repetirá no
2004 (porque están ligados ó Xacobeo) e no que debaterán o estado do
proxecto que está na fase de “como se debe escribir a historia”.
Máis información en La Voz de Galicia