|
|
|
Historiadores dos cinco continentes debaten en Santiago os
últimos acontecementos como o 11-M e a guerra de Irak
• Actualizada o Xoves, 15 de xullo de 2004 ás 00:00
A Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago acolle
ata o vindeiro domingo o III Congreso Internacional ‘Historia
a Debate’, que representa a maior concentración de
historiadores que se ten producido nunca en todo o mundo e na
que debaterán as súas investigacións e reflexións sobre a
escrita da historia no novo século. Para iso abordarán os
últimos acontecementos acontecidos no mundo coma os atentados
do 11-M en Madrid, a guerra de Irak ou a nova Unión Europea,
entre outros aspectos.
A conferencia inaugural do
Congreso tivo lugar o mércores, tras a inauguración presidida
polo presidente da Xunta, Manuel Fraga, a cargo de Etienne
Bloch, o mellor coñecedor do afamado historiador francés Marc
Bloch e da súa obra. Na súa intervención reivindicou o legado
do seu pai, falecido hai 60 anos, un dos fundadores da escola
de Annales, que representa unha das tendencias
historiográficas de maior influencia internacional no século
XX.
Transmisión a todo o mundo en tempo
real O III Congreso Internacional ‘Historia a
Debate’ retransmítese por primeira vez por Internet a través
da páxina web http://www.h-debate.com/,
que xa ten recibido un millón de visitas desde o anterior
Congreso, celebrado en 1999. Deste xeito será posible seguir
nas súas linguas orixinais as conferencias, ponencias e mesas
redondas do evento.
|