CONGRESO EN SANTIAGO
11-M, globalización, guerra de Iraq... os
historiadores "achéganse á sociedade e os seus problemas" [14/07/2004 19:50]
Globalización, antiglobalización, historia, 11 de setembro e 11
de marzo, historia mundial coma historia global, historia e
dereitos humanos, pobos indíxenas, historiografía e
actualidade... Estes son algúns dos eixos arredor dos que xirarán as
ponencias que dende este mércores e deica ao próximo domingo se van
escoitar no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación. Trátase da
terceira edición do Congreso Internacional Historia a Debate, deseñado
atendendo á idea de que "os historiadores temos que exercer o noso oficio
de cara á actualidade", segundo o profesor Carlos Barros, coordinador da
iniciativa. Os principais debates do congreso poden seguirse en directo vía
internet. A organización agarda un alto seguemento, toda vez que
no proxecto de debate artellado arredor da revista en liña Historia a
debate están implicados uns 30 mil expertos dos cinco continentes e a
web aproxímase ao millón de páxinas descargadas. Diariamente, uns 5 mil
investigadores, profesores e estudiantes de historia de todo o mundo
participan nun traballo conxunto que, coordinado dende a Universidade de
Santiago, abrangue 350 universidades nos cinco continentes. Ao fío de recentes acontecementos como a guerra de Iraq ou os atentados en Nova York, Bali e Madrid, os historiadores analizarán a actualidade dende a súa perspectiva. "Temos interese en amosar a utilidade social desta disciplina e ver o que pode achegar o historiador aos últimos acontecementos", afirma Carlos Barros, profesor da USC e promotor do encontro. Máis de 200 ponencias serán presentadas por historiadores, filósofos e outros expertos chegados a Santiago de Compostela dende 32 países diferentes. As prinicipais ponencias e mesas redondas poderán seguirse en directo pola rede. Ligazóns relacionadas: OUTRAS NOTICIAS |
|
|||||||||||||||