|
| FOTO:Viky
García |
| Os participantes
da Mesa 'Globalización, antiglobalización,
historia' | |
| Arranca en Compostela a meirande
reunión de historiadores chegados de todo o
mundo |
| 'Historia a debate' intenta
redefinir a globalización a partir dos procesos
de mobilización
actuais |
| |
|
| |
| Vanesa
Oliveira\Santiago |
| |
| A favor
ou en contra, a globalización suscita sempre un
debate que enfronta ós seus defensores que a
consideran un modelo de prosperidade, cos seus
máis aférrimos detractores, que se fan visibles
nos procesos de protesta e mobilización. Ante
este reto, o III Congreso Internacional
'Historia a Debate', inaugurado onte na
Facultade de Xornalismo de Santiago de
Compostela, a meirande reunión de historiadores
chegados dende todo o mundo, simultaneou o
debate encol da historia a través de tres mesas
redondas nas que se trataron, a velocidade de
vértigo, temas tan controvertidos como a
globalización, o retorno á sociedade civil e a
reconstrucción do paradigma historiográfico.
Que é a
globalización e se debe definirse con ese termo
a etapa histórica actual na que se viven
procesos de mobilización en contra deste
proceso, foi o punto en torno ó que xirou unha
desas mesas, que tamén se puido seguir a través
da páxina web http://www.h-debate.com,/ e na
que actuou como presidente un dos principais e
máis críticos economistas políticos do mundo, o
norteamericano Andre Gunder Frank, do World
History Center de Boston.
A partir
de tres bases, a globalización, a
antiglobalización e a historia, os diferentes
poñentes consideraron necesario situar a
globalización como un proceso que, se ben
podería parecer que define o momento actual, é
froito de toda unha longa historia dende o XIX
ata o XXI.
Neste
sentido, o investigador da Universidade de New
Yersey, Elpidio Laguna, considerou necesario
renomear a globalización nos termos do coñecido
como "americanización ou imperialismo
americano'' que definiu como a "unificación do
mundo angloparlante nun proceso que comezou hai
3 séculos''.
Pola
contra, para o profesor da Universidade Estadual
Paulista de Sao Paulo, José Luis Bizelli, a
pregunta fundamental é se "os Estados nacionais
son capaces de enfrontarse ás diferencias
producidas polo capitalismo e ós conflictos
internos.'' "Pode a democracia resistir as
políticas de globalización económica?'',
preguntouse o investigador brasileño para quen
os países de América Latina ven ameazadas as
súas democracias pola crise actual do Estado.
O desarraigo e a deshistorización do
cidadán local\
O impacto da
globalización sobre as especificidades locais ou
rexionais foi analizado pola profesora da
Universidade 'Simón Rodríguez' de Venezuela,
Miriam Meza, como un proceso que provoca "o
desarraigo no cidadán común e lesiona as
comunidades, deslocalizándoas e
deshistorizádoas.'' Ó ver da investigadora
brasileña, "o suxeito vive sen espacio histórico
e coa súa identidade lesionada, de xeito que
tende a actuar segundo patróns estereotipados.''
Da mesma
opinión é o historiador canario Juan Manuel
Santana para o que esa circunstancia determina
que funcionen as "mensaxes inmobilistas como que
vivimos no mellor dos mundos posibles'', afirmou
Santana. Para o profesor da Universidade de
Canarias, como "historiador comprometido'', hai
que buscar alternativas "para mostrar que todo é
o resultado de cambios históricos, desenmascarar
as lexitimacións nas que se sustenta o poder, e
batallar pola historia para que outro mundo sexa
posible'', concluiu.
| | |
|
| A
inadaptación dos
problemas |
| |
|
| |
|
Para o
historiador francés Christian Thibon, en
comparación coas sociedades rurais que foron
capaces de "dixerir a globalización nun proceso
de localización'', "moitas realidades actuais
non teñen a capacidade de adaptarse á
globalización porque están bloqueadas con
problemas moi importantes como os cambios
demográficos.'' Segundo apuntou o investigador,
a globalización ten que verse non só como un
proceso económico e social senón tamén cultural,
unha faceta pouco estudada na historia
internacional. "O maior feito da globalización
-concluiu- é que fixa unha ruptura coa historia,
unha perda das raíces que se reflexa na
imposibilidade de ser dixerida polo imperio dos
bárbaros.''
|
| Das virtudes da internet ás
contradiccións de Irak |
| |
|
| |
|
"É boa ou
mala a globalización?'', preguntábase o profesor
Rolando J. González Arias do Instituto Nacional
de Antropoloxía e Historia de México e
respondía, "trátase dun proceso histórico con
virtudes -coma o desarrollo tecnolóxico e
internet- e contradiccións -como a mobilización
contra a invasión norteamericana de Irak-, un
feito histórico inusitado''.
| | |