Tema 12
Historia transnacional. Unha proposta.
Lourenzo Fernández Prieto.
Departamento de Historia Contemporánea.
Universidade de Santiago de Compostela.
Na actualidade apreciase unha crecente preocupación polo espazo no que se contrúe a historia. A busca de fronteiras en función de problemas modifica a tradiconal asunción do marco estatal como espazo do desenvolvemento dos procesos históricos. Porén o ámbito da análise histórica segué a ser o territorio da lexitimación, mais de novas formas de lexitimación alen dos vellos estados nacionais. Neste texto debateremos a capacidade de explicacións máis amplias para a historia que alende a ámbitos máis reducidos que o estatal, así como o valor en si mcsmo que ten a construcción da nova c vigorosa historia local. Asistimos hoxc ao cstabelecemento dun novo paradigma no que gana forza a historia local, á vez que a historia esfarangulla os seus ámbitos de observación e os seus obxectos. Trataremos de explicar as razóns desta crecente/aparente confusión e tentaremos ofrecer uoha proposta para ordeala, partindo da necesaria compatibiiidade entre Historia local, historia nacional e historia transnacional.
Unha primieira idea é que hai un débale mal resolto entre os historiadores: o referido ao límite espacial no que se constrúe a Historia, o territorio último de referencia. Certo é que os historiadores aceptamos apriorísticamente os límites políticos do presente. Estados, nazóns, pobos, culturas... De ai a crecente lexitimidade na España da Historia rexional (ou das comunidades autónomas) froho dunha práctica historiográfíca adaptada ao novo Estado das autonomías, que substitúe á anterior Historia do Estado español, entendida como Historia nacional. Mais compre recoñecer que a elección do marco espacial no que construir a historia ven sendo sempre mais ideológica que metodológica cando non é simple oportunidade). O espazo da análise histórica é sempre un territorio para a lexitimación: local, comarcal, rexional, nacional, estatal, europea, ... Non considero necesario discutir as distintas lexitimidades posibles nin a preferencia dunhas fronte ás outras, pódense aceptar case todas se son aceptadas polos destinatarios. Interésame pola contra plantexar tres cuestións, independentemente do espazo elexido:
A Hisíoira nacional, a do Estado-nación está es crise nesta fin de século. O Estado está sendo superado por riba: a través da organización supranacional que significa o proxecto da Unión Europea, tomen por mor da globalización económica e da mundializacién cultural. Por baixo: pola aparición con forza de realidades plurínacionius c rcxionais, de idcntiadcs multiculturais c üiulüctmcas, que rachan cofl aquel Esíado-nazón uiliñcsdo en territorio, idioma, cultura, etnia. e, mesmo en moitos casos do sur de Europa,
tamén en relixión. As circunstancias desta crise inhabilitan ao Estado nacional para o futuro e obrigan a pensar nun provir sobre outros marcos, outros proxcctos e outras necesidades. Aquí é onde a Historia local c a Historia transnacionai pasan ocupar un novo lugar.
A Historia constrúese hoxe a diferentes niveis espaciáis (tres, cairo ou máis) e arteculalos semella unha necesidade evidente pare evitar dous tipos de confusión.
Primeiro, porque a aparición de novos territorios de lexitimación histórica diferentes do Estado (local, rexional, a nazón sen Estado, as culturas minoritarias) xera disgusto e é mal dixerida polos profísionais da Historia (especialmente os mandaríns) que :iñan claros os marcos de referencia estafáis. Tamén desacouga aos gobernantes que crían saber que Historia era a boa para o sistema educativo, a máis funcional para os fíns perseguidos.
Segundo, pola crise-confüsión que afecta a todos os historiadores, en razón de factores xa ben coñecidos e analisados, como o desmigallamento derivado da multiplicación de espazos, obxectos e suxeitos de estudo e, en xeral, polos cambios de paradigma.Precísase dalgunhas bases para ordear tanta confusión. Nese camino, compre adicarmos maior atención a prever que clase de Historia será necesaria no futuro. E todo apunta a que un futuro globalizador e mundializador fará necesaria unha Historia transnacional. Pero ademáis compre avanzar na naturalización dunha Historia máis democrática que xa hoxc se demanda sociaimente e localmente.
Desde a Ilustración existe un conflicto entre o local e o universal (frecuentemente so estatal) e precísase xa dunha proposta superadora que ben pode concretarse nesa Historia transnacional e na naturalización da Histoira local. Pero unha Historia local que non debe ser subsidairia da Historia nacional-estatal, senón que ten que articularse cunha Historia transnacional, entendida como unha nova Historia universal, unha Historia transnacional que non atenda, como refrenencia, a un territorio administrativo do presente co fin de lexitimalo senón a problemas, obxectos e suxeitos. Porque toda Historia constrúese con referencia a un tempo, un espazo e un problema. Propónse situar, pois, o problema e o tempo por diante do espazo, sen aceptar por restrictivo o marco estatal como ultimo superior e aceptando a posibiüdade do local. Buscando no tempo, na época histórica dada, as tendencias xerais derivadas da conxuntura histórica a escala universal ou cando menos transestatal: europea, sureuropea. peninsular,...
Recapitulando, trátase de propor a práctica dunha Historia transnacionai compatibel coa naturalización da Historia local que busca o conecimento da memoria local. Unha Historia derivada da crise do Estado-nazón, da realídade da ruptura do marco estatal por nba, na cesión de soberanía cara instancias supraestatais, e por debaixo, na práctica historiográfíca (Annales, microhistoria, irrupcccrón da historia social, etc...), da necesidade de facer historia para as necesidades da sociedade futura e non ancorada nos debates do pasado. Isto supon facer cfctiva a superación da exclusividade do marco etatal como referente para o plantearnento de problemas e concretar o que xa é certo na práctica: que o Estado-nazón xa non é como no pasado o protagonista exclusivo (nin preferente) das análises dos historiadores.