MESA Q
FREÁN HERNÁNDEZ, OSCAR "O movemento obreiro: unha illa dentro da historiografía"
Univ. De Vigo
O que pretendemos con esta comunicación é facer unha análise do tratamento do tema do movemento obreiro dentro da historiografía galega. Unha historiografía que ten centrado a súa atención en outros ámbitos esquecendo ao obreirismo que, nembargantes, foi e é tratado por algúns investigadores. As obras realizadas ao longo dos últimos vintecinco anos, así como as liñas de investigación e a temática, son puntos nos que reparamos ao longo do presente traballo.