volver

Presentación pública de las Actas HaD II

Carlos Barros
Universidad de Santiago de Compostela

Bos días. Hoxe culminamos dous anos de traballo do II Congreso Internacional Historia a Debate, organizado dende o Instituto "Padre Sarmiento" e a Universidade de Santiago de Compostela, co apoio xeneroso da Consellería de Cultura e do Xacobeo 99, un apoyo que xa tivemos no ano 93 e que agradecemos unha vez máis. Porque foi un patrocinio, como xa dixen no acto de inauguración o 14 de xullo do 99, "sen condicionamento algún" para o desenvolvemento temático dos debates científicos e académicos que tiveron lugar hai case dous anos. Tamén quero agradecer nesta presentación ás 102 entidades científicas colaboradoras, dende New York a China, que apoiaron este Congreso, tedes a lista delas nas carpetas que vos entregamos.

Este é o primeiro acto de presentación pública das Actas do Congreso de 1999. A próxima presentación será en Quito (Ecuador) no mes de abril. O acto de hoxe será difundido pola nosa propia rede en Internet.

Estos tres volumes se veñen a sumar ós seis volumes que editamos no ano 1993. Un conxunto de traballos que reflictan o estado da nosa disciplina no mundo nesta transición do século XX ó XXI que se iniciou no ano 1989. Diciamos na convocatoria do Congreso que cando cambia a historia, se queira ou non, cambia tamén a maneira de escribir a historia. Tal foi o obxectivo central do II Congreso. Cada volume ten un subtítulo diferente. O primeiro, "Cambio de siglo"; o segundo, "Nuevos paradigmas"; o terceiro, "Problemas de historiografía". Seleccionamos para publicar nestas Actas 79 ponencias e transcribimos así mesmo as 19 mesas redondas. Temos, en total, 157 autores de diversas nacionalidades e continentes, 1235 páxinas en español, pero tamén en galego, portugués, inglés, francés e italiano. Está no prelo unha edición en inglés na editorial Haworth (USA) cunha parte destes textos.

É a primeira vez que transcribimos a totalidade dos debates das mesas redondas. Foi un esforzo enorme, que levaron a cabo os membros do Seminario Historia a Debate sito nesta casa, coordinados por Israel Sanmartín, pero de gran importancia para o obxectivo do Congreso, porque é nas mesas redondas, no debate libre e improvisado, onde os académicos falamos mais sinceramente do que pensamos sobre o noso oficio e a relación, a miúdo inadvertida, co mundo que nos rodea.

Dentro dos 157 autores destes libros colectivos hai algúns cunha traxectoria internacional como George G. Iggers (presidente da Comisión Internacional de Historia da Historiografía), Jaques Revel (presidente da École des Hautes Études en Sciences Sociales de París) ou Harbans Mukhia (rector de la Jawaharlaf Nehru University da India). Dentro de América Latina, que tivo unha sinalada participación neste congreso, participaron historiadores ben coñecidos como, en México, Enrique Florescano, en Brasil Ciro F. Cardoso, en Arxentina, Fernando Devoto, en Cuba, Sergio Guerra, etc. Houbo tamén unha presencia relevante de colegas da Facultade de Historia da Universidad de Santiago, como Ramón Villares, Justo G. Beramendi, José Carlos Bermejo, Santiago Jiménez, Ofelia Rey Castelao, Lourenzo Fernández Prieto, Xosé Manuel Núñez Seixas, María Xosé Rodríguez Galdo, María Luz Pintos, e, naturalmente, os que estamos nesta mesa. Ademais da participación de profesores dun elevado número de universidades españolas e estranxeiras (máis de 40 países representados).

Una diferencia fundamental desta segunda edición co I Congreso foi, con todo, unha maior xuventude dos relatores, que nos sorprendeu, ata certo punto, e que se incrementará na próxima edición que esperamos que sexa no 2004. É, sen dúbida, unha das virtudes destas Actas, porque serán os profesores e investigadores mais novos da historia os rematarán por marcar a historiografía do século que ven de nacer: os representados nesta obra son dos colegas xoves que reflexionan sobre o seu oficio e as súas responsabilidades.

¿Qué temas se tratan nestes libros? Principalmente cuestións de historiografía, metodoloxía e teoría da historia, ás que engadimos nesta ocasión asuntos de historia inmediata, problemas profesionais dos historiadores e da nosa relación coa sociedade. A nosa profesión ten unha longa tradición empirista, ten por tanto moito valor estes esforzos reflexivos continuados que fan de Historia a Debate unha referencia internacional obrigada. Dificilmente vamos atopar un serie de congresos especializados nestes temas, e, ó mesmo tempo, con este grado de participación e representación internacional. Polo tanto para nos é unha gran responsabilidade de cara ó futuro.

¿Temas concretos se reflictan nas Actas? Discusión sobre s a historia sigue sendo unha ciencia ou non; si a historia hai que equiparala ou non á ficción; como enfocar a subxectividade do historiador no seu traballo; que pasou co "final da Historia" once anos despois; como afecta a globalización á nosa disciplina; o debate das humanidades; a relación do historiador co presente e o futuro; o compromiso social do historiador; o debate sobre si os xudeuconversos españois eran xudeus ou non, moito antes de que saltara ós medios a polémica sobre o libro de Netanyahu; mitos históricos e nacionalismo; o debate sobre si se deben manter as áreas cronolóxicas no estudio da historia; como facermos unha historia que teña mais en conta o medio ambiente e a ecoloxía; a influencia no debate historiográfico da revolta de Chiapas; os problemas da endogamia na universidade, e do relevo xeracional dos cadros de profesores cara á segunda década deste século, etc.

Coido que logramos un alto nivel académico no tratamento destes obxectos. A participación no II Congreso e a súa transcendencia amosa que na nosa disciplina se reflexiona cada vez máis, sen abandonar a investigación empírica, nesa ida e volta entre a teoría e a práctica, porque, hai que dicir que a meirande maioría dos 157 contribuíntes nos somos especialistas exclusivos (que tamén fan falta) en historiografía, metodoloxía e teoría da historia, investigamos en concreto diferentes períodos históricos en distintos países e continentes, e dedicamos un tempo a pensar sobre o que facemos, así de simple, así de difícil, así de necesario.

¿A quen poden interesar estos libros que temos enriba da mesa? Descubrimos, cando difundimos as Actas do I Congreso Internacional Historia a Debate, un uso específico moi estendido, que seguirá funcionando con estas segundas actas, na preparación das memorias de oposición para acceder a postos de profesores titulares, un exercicio ó que obriga a LRU e onde o aspirante ten que definir o seu concepto de historia para demostrar a súa capacitación como investigador e docente. Nos consta que nalgúns concursos a utilización ou non das Actas de Historia a Debate foi a proba de fogo para considerar ou non ó concursante ó día historiograficamente. Mais, dunha forma xeral, estas Actas renovadas van interesar a aqueles investigados e docentes -e mesmo afeccionados- á historia preocupados polo noso oficio e pola actualización dos nosos coñecementos, a maioría de todos nós, naturalemente.

Por último, gracias a colaboración do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), fixemos o 14-18 de xullo de 1999 I Congreso Virtual Historia a Debate. Logo continuamos en Internet, abrindo posibilidades ate agora inéditas no desenvolvemento da nosa rede académica. Temos unha páxina web () que tivo dende a súa apertura 60.000 visitas de historiadores, a metade correspondentes ó mundo latino e a outra metade accedendo pola páxinas de ingles e francés. Tamén temos unha lista de correo electrónico na que participan xa 970 profesores de todo o mundo, onde continuamos cos debates iniciados no Congreso e iniciamos outros. Toda esta actividade pos-congresual supuxo un cambio capital: agora actuamos como rede e foro de debate todos os días. O que nos vai permitir preparar mellor o próximo Congreso, tarefa que pretendemos principiar no no ano 2002, unha vez distribuidas estas Actas, publicados os primeiros da nosa revista e analizados os resultados da Enquisa Internacional "O estado da historia". A próxima grande cita presencial será, logo, no mes de xullo de 2004 si o patrocinio institucional non falla, claro está. Moitas gracias.

Ir a Acto de presentación de las Actas